Santiago de Compostela, luns 28 de novembro de 2016. Cidadáns (C’s) recolleu máis de 400 quilos de alimentos, este fin de semana, en colaboración co Banco de Alimentos da capital galega. Os afiliados da agrupación de Cidadáns (C’s) participaron como voluntarios na campaña nacional de recollida de alimentos ?2inalizada a experiencia desta xornada dicir que foi satisfactoria, tivemos boa acollida. Agradecer a participación dos afiliados e a colaboración dos cidadáns” destacou a portavoz da agrupación, María Vilas.
A agrupación de Cidadáns (C’s) Santiago de Compostela continuará colaborando con diferentes entidades para poñer en práctica “política útil ao servizo dos cidadáns como ferramenta para as persoas que o necesitan” afirmou María Vilas.