Xesús Expósito denuncia que “Protección Civil colocou moi dilixentemente unhas cintas e unhas varandas que están polo chan desde hai 15 días”
Lugo, 25 de novembro de 2016. O concelleiro de Ciudadanos Xesús Expósito pediu esta mañá ao Goberno municipal que repare de inmediato un pequeno afundimento que se produciu na beirarrúa adoquinada que une a rúa Dinán con Salvador de Madariaga ou, do contrario, retire os valados de protección colocados, que están tirados no chan e supoñen “aínda maior perigo”.
Expósito explicou que “nesta beirarrúa produciuse hai 15 días un pequeno afundimento, supoñemos que polo paso dun vehículo pesado polas obras que se están a acometer na rúa Soto Freire e moi dilixentemente Protección Civil colocou un peche perimetral con dúas varandas e unhas cintas para que os viandantes non caeran na fochanca. Pero 15 días despois o afundimento da beirarrúa segue sen repararse e o balado de protección está tirado no chan multiplicando o perigo do propio afundimento”.
O concelleiro de Ciudadanos explica que “é unha mostra máis da desidia deste Goberno municipal” ao que lle pide que de xeito inmediato retire os valados que están no chan, “que teñen partes metálicas e enferruxadas que supoñen un perigo evidente para os viandantes” e que actúe de maneira dilixente para reparar o afundimento da rúa.
Obras na rúa Soto Freire
Ciudadanos pide tamén que se rematen canto antes as obras que se están a acometer na rúa Soto Freire, entre o antigo cárcere e a estación de autobuses, “que sufriron xa varios retrasos e dificultan o paso tanto dos veciños e residentes como do resto de cidadáns”. Os traballos retrasáronse por falta de orzamento. O Concello habilitou mentras non rematan estas obras unha entrada provisional pola rúa Dinán.