O concelleiro Xesús Expósito pregunta á alcaldesa como pensa resolver a situación para non poñer en risco un servizo moi demandado pola cidadanía
Lugo, 28 de outubro de 2016. O Grupo Municipal de Ciudadanos pide á alcaldesa socialista que tome as decisións oportunas para garantir a continuidade da Escola Municipal de Música. O concelleiro de Ciudadanos, Xesús Expósito, afirma que “non se pode poñer en risco un servizo moi demandado pola cidadanía”.
Unha sentenza do TSXG pon en entredito o incremento retributivo motivado pola ampliación da xornada laboral dos traballadores da banda municipal para que poidan dar clase na Escola Municipal de Música alegando que incumpre o Real Decreto 20/2011 de medidas urxentes en materia presupostaria, tributaria e financieira para a corrección do déficit público, que impide os incrementos salariais de traballadores públicos.
“Desde Ciudadanos estamos preocupados pola repercusión e as consecuencias desta sentenza. Pensamos que non se pode poñer en risco un servizo tan demandado por parte da cidadanía como é a Escola municipal de Música, polo que lle pedimos ao Goberno municipal que tome as medidas necesarias para resolver este problema e dar tranquilidade aos centos de usuarios que ten a Escola de Música e aos centos de familias que levan aos seus nenos e nenas a iniciarse na aprendizaxe musical nesta escola”, reclamou esta mañá Xesús Expósito.