“Pedimos aos galegos o seu apoio para ser decisivos no Parlamento galego” Fran Fervías
Galicia, luns 8 de agosto 2016. Cidadáns (C’s) quere traballar para facer crecer a Galicia. “Se os galegos confían en nós poderemos poñer en marcha reformas necesarias e facer crecer a Galicia” afirma Fran Fervías, secretario de organización.
Cidadáns (C’s) propón reformas nos sectores máis destacables na comunidade galega. “Consideramos que é necesario conseguir traer o AVE a Galicia, crear un Corredor Atlántico e revalorizar o sector lácteo que supón o 40% da produción nacional”, declara Fran Fervías.
O partido quere irromper con forza no Parlamento de Galicia. “Canto máis apoio teñamos por parte dos galegos, máis fortes seremos no Parlamento galego” destaca Fran Fervías.

