FranHervías2a

“Cidadáns (C’s) debe estar a facer algo ben para que Feijóo mostre este nerviosismo”, Fran Hervías

Galicia, Mércores 3 de agosto 2016. Os afiliados de Cidadáns (C’s) da comunidade galega terán que elixir o candidato/a que se presentará á Xunta de Galicia nas próximas eleccións autonómicas convocadas para o 25 de setembro. Cidadáns (C’s) abrirá o proceso de primarias nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde actualmente, teñen máis de 150 afiliados, como marcan os estatutos do partido. “Os candidatos de Ourense e Lugo igualmente serán ratificados polos afiliados” afirma Fran Hervías.

O secretario de organización do partido, Fran Hervías, expoñerá este fin de semana aos afiliados o funcionamento do proceso de primarias, “a finais da semana que vén teremos candidatos/as” afirmou o secretario de organización.

Cidadáns (C’s) prevé ter representación no Parlamento galego “C’s debe estar a facer algo ben para que o presidente da Xunta de Galicia mostre este nerviosismo” destaca Fran Hervías. «As reformas e a nova política son moi necesarias en Galicia, virán de mans de Cidadáns» añadiu o secretario de organización «háblase moito do Corredor Mediterráneo, pero temos que comezar a falar tamén do Corredor Atlántico e a darlle a importancia que se merecen as empresas do sector primario, como é o lácteo» concluiu Fran Hervías.