O grupo municipal considera imprescindible coñecer a opinión da asociación profesional respecto á situación actual da cidade
Pontevedra, 2 de maio de 2016.
A presidenta da Comisión para o Estudo e Impulso do PXOM e portavoz de Cidadáns, María Rey, convidou ao Presidente da Delegación de Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia, Manuel Abelleira, a participar na vindeira reunión que se celebrará este mércores para coñecer de primeira man a opinión desta asociación profesional respecto á situación actual da cidade e, sobre todo, respecto ao PXOM.
Desta forma, continúa a rolda de contactos con expertos e implicados que permitan avalar a postura da comisión respecto ao conflito existente con todos os sectores importantes da cidade. Segundo a portavoz de Cidadáns, María Rey, “é imprescindible escoitar aos profesionais para tomar a decisión axeitada respecto á inoperatividade que houbo ata agora”. “Cremos que o Colexio de Arquitectos é un órgano imprescindible á hora de falar de urbanismo, polo que debe ser escoitado e considerado”, engadiu.
Cidadáns mantén que “´´e ineludible sacar adiante o PXOM para poder definir o tipo de cidade que queremos ser no futuro e acabar coa inseguridade xurídica que existe a día de hoxe no municipio”.
Para iso, consultarase a opinión de todos os expertos, asociación e sectores implicados da cidade. Desta forma, sinalou Rey que “lograremos unha postura consensuada fronte a un grupo de goberno e unhas institucións públicas que parece que non están pensando no futuro de Pontevedra nin no benestar dos seus cidadáns”.