Ames, mércores, 13 de abril de 2016- A xunta directiva de Cidadáns Ames vén de organizar un calendario de Cafés Cidadáns que se desenvolverán todos os meses e que teñen como principal obxectivo, segundo o coordinador desta agrupación e voceiro de Cidadáns no Concello de Ames, Javier López, “achegar a xestión política e municipal aos veciños e veciñas de Ames”.
Cidadáns Ames recupera e potencia así unha acción que xa desenvolveron meses atrás e que é característica deste partido político “que busca estar preto dos cidadáns, informándoos e recollendo as súas preocupacións para canalizadas nas institucións correspondentes e tentar darlle solucións”.
Os Cafés Cidadáns están abertos a toda a xente que queira participar. A primeira destas citas organizadas por Cidadáns Ames terá lugar este sábado, 16 de abril, na Tapería Xebre, situada na rúa Figueiras, 5, en Milladoiro, a partir das 19,00 horas, e contará coa asistencia de membros da xunta directiva da Agrupación de Cidadáns Ames.
Neste primeiro encontro, farase un balance da política municipal e das iniciativas presentadas e apoiadas polo Grupo Municipal de Cidadáns Ames, así como analizarase o papel de Cidadáns na xestión local para os vindeiros meses.