Xunta Directiva Ourense

Ourense, venres 19 de febreiro de 2016. A Agrupación de Cidadáns (C’s) de Ourense completou o proceso electoral da súa nova Xunta Directiva. Esta substitúe á Xestora establecida polo Partido o pasado mes de xullo. O proceso de elección por parte dos afiliados, como prevén os estatutos, tivo lugar o pasado venres, día 5. Nesa votación produciuse un empate para o último dos sete postos a elixir, o que requiriu unha segunda votación. A Asemblea foi presidida polo Delegado Territorial de Galicia, Juan José Chouza e o Subdelegado da Provincia de Ourense, Carlos Vázquez.

Ernesto Rodríguez (Coordinador), Alberto Rodríguez (Secretario-Tesoureiro), Alfonso Eirín (Política Municipal), Víctor Gamarra (Cidadanía), Rafa García (Acción Local), Mercedes Marcos (Relacións con Asociacións e Entidades) e José Manuel Palacios (Comunicación) son os compoñentes da Xunta Directiva elixida.

O novo coordinador, Ernesto Rodríguez, sinalou que «o primeiro obxectivo desta nova Directiva é impulsar o traballo que os afiliados e simpatizantes vimos facendo desde fai máis dun ano para ser unha ferramenta de cambio e mellora para a vida dos ourensáns». A Directiva, engadiu, «é un equipo ao servizo dos afiliados e a cidadanía, quen é os verdadeiros protagonistas do noso traballo. Máis de 15.000 persoas deron o seu voto á candidatura de Cidadáns (C?s) na provincia de Ourense o pasado 20 de decembro. É momento de seguir mellorando o traballo comezado e de estar á altura do que demanda a cidadania».